Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 9

Todos fomos

Marcos Calveiro

Seis anos despois da desaparición de Natalia, unha chamada do pasado esperta unha mañá á inspectora Lina Souto: a rapaza apareceu espida e viva nunha praia de Teis...

Unha casiña branca

Marcos Calveiro

Un forte alcatreo converte o aire nunha substancia mesta, case irrespirable. Un vertedoiro infindo. Un futuro incerto. Mírese por onde se mire hai trebellos de todo tipo...

As palabras poden matar

Marcos Calveiro

Na colonia Seavia, situada nun dos outeiros da cidade de Santa Clara, morren cada ano máis de trinta mulleres, homes e nenos vítimas da violencia. Os seus habitantes están todos xordos, mudos e cegos, porque saben que as palabras poden matar...

Todos somos

Marcos Calveiro

Dende a desaparición de Natalia os pais de Antón xa non lle deixaban baixar o lixo á noitiña. Parecía incríbel que a súa vida, a vida de todos eles, dese un xiro tan brusco e dramático en tan pouco tempo...

Palabras de auga

Marcos Calveiro

O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa...

O pintor do sombreiro de malvas

Marcos Calveiro

Un adolescente é enviado pola súa nai dende París a pasar cunha tía unha boa tempada na vila de Auvers. Durante aqueles días do verán de 1890, coñecerá a Vincent, un pintor que semella beberse a vida con cada violenta pincelada sobre o lenzo e do que durante sesenta e nove días se fará inseparable, acompañándoo no seu deambular polos trigais e na súa infatigable loita contra os convencionalismos da vida provinciana...

Lois Pereiro. Náufrago do paraíso.

Marcos Calveiro

Coma se do falso guión dun filme imaxinario se tratase, esta biografía amosa algunha das escenas de vida do poeta Lois Pereiro. A súa infancia e adolescencia nese universo todo que foi para el o seu Monforte natal...

Settecento

Marcos Calveiro

O badaleo de todos os campaniles de Venecia resoa en canles e pazos da Serenísima República unha mañá do ano de 1739 e, coma nun teatro barroco, álzase o pano deste melodrama para música no que todos os personaxes semellan agochar sentimentos e intencións tras unha branca máscara de Entroido...

Autor/a da semana

Festina lente

Marcos Calveiro

Devagar, un carro baixa chirlando polo Preguntoiro ateigado de libros prohibidos e expurgados polo Santo Oficio. Estamos en Compostela no ano do Noso Señor de 1627 e este é o colofón do códice que, caderniño a caderniño, o encadernador Ambrosio Cavaleiro coseu na soidade do seu obradoiro da rúa da Armada dende que era un aprendiz canda o seu mestre...